jueves, 2 de octubre de 2008

Hola. Acabo de nacer como Blog


Este blog está adicado o barrio de Fontiñas, o que acontece nel e os veciños que o habitan.
Fontiñas naceu en 1989 da man do alcalde e arquitecto Xerardo Estévez, e dun Conselleiro de Ordenación do Territorio que apoiou o proxecto, Antolín Sánchez Presedo. Naqueles anos o presidente da Xunta era o socialista Fernando González Laxe.
Fronte o modelo especulativo que se instalou nos últimos anos, Fontiñas é un barrio modélico que garantizou o dereito de acceso a vivenda, permitindo a un importante conxunto de persoas iniciar o seu proxecto de vida con dignidade. Urbanizouse con mais de 2.500 vivendas de proteción oficial, asequibles para moitas persoas que desexaban ter a súa primeira vivenda. Os veciños que o habitan configúrano como un espazo de convivencia, libertade e integración social. Así, no barrio podemos atopar todo tipo de xente, de distintas profesións, etnias, relixións... que o converten nun barrio "amigo".
Vivimos nun barrio ben planificado e con boas dotacións públicas (centro de saúde, centro social, gardería, colexios, instalacións deportivas, farmacias...). Os edificios contan con xardíns interiores e están rodeados de zonas verdes, e beirarrúas espaciosas, con árbores e parques. O centro comercial é outra das ventaxas, para mercar ou para o lecer. Está situado moi cerca do centro histórico, e o mesmo tempo ten redes de comunicación moi accesibles para sair da cidade.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Me encanta el barrio de Fontiñas. Se ha creado con gente, mayoritariamente, de fuera de Santiago y tiene personalidad propia. Es una minicuidad dentro de Santiago.
Me encanta vivir aqúí.

Biquiños

Anónimo dijo...

Este tipo de barrios e de vivenda protexida é o que debería promover a Xunta e o Concello. O tinglado da construción foi un desmadre. A vivenda é un dereito, non un ben para especular a esgalla.