lunes, 20 de octubre de 2008

Santiago recibe o prestixioso galardo Philippe Rotthier grazas o barrio de Fontiñas


O modelo urbanístico co que se deseñou o barrio premiado pola Fundación para a Arquitectura, é o mesmo que, segundo destacan desde o Concello de Santiago, estase propoñendo nos polígonos de vivendas que se están construindo actualmente, e tamén nos que se inauguraron despois de Fontiñas. O premio, recollido en Bruxelas pola concellala de Urbanismo, Mercedes Rosón, recoñece a Calidade de Ampliación da Ciudade nos últimos vintecinco años. Segundo Mercedes Rosón, o resultado é "unha cidade compacta que crece ordenadamente e con estándares constructivos e arquitectónicos de calidade, buscando tamén protexer o casco histórico como o gran centro da ciudade".
A entidade que otorga estas distincións, a Fundación para a Arquitectura, ten a sede na Rue do Ermitage de Bruselas, onde se expoñen fotografías do barrio de Fontiñas xunto coas de outros premiados noutras categorías. A exposición permanecerá aberta ate o mes de dicembro, e o seu contido recogerae nun catálogo.

En Fontiñas viven catorce mil personas, é un polígono residencial no que o noventa por ciento das vivendas contan con algún tipo de protección autonómica. O barrio, ademais, conta con tódolos servizos, con equipamientos deportivos e educativos, un centro de saude, un centro sociocultural, ludoteca e amplas zonas verdes, ademais dunha gran área comercial.
O barrio de Fontiñas é, actualmente, o único barrio urbano que conta cun incipiente carril bici, que se incorporou na recente reurbanización da rúa Berlín que debría ser ampliado.

No hay comentarios: