jueves, 9 de octubre de 2008

Un corazón grande nun corpo pequeno
















Rosa García

Profesión: Administrativa.
Lugar de nacemento: Rodeiro





HOROSCOPO (elaborado por Meigaboa): XÉMINIS
Mercurio, mensaxeiro dos Deuses, dirixe o signo Xéminis, asociado coa adolescencia. Os Xéminis sodes curiosos, con percepción intelectual, e paixón polas experiencias de relacións sociais, dispoñibilidade e desexo de movemento continuo.
Os Xéminis afrontades as dificultades e os obstáculos con rapidez e sentido do humor. Son seres nerviosos, lixeiros como unha pluma e rápidos, de humor cambiante, amantes do movemento. Non podedes estar quietos e necesitades espacios abertos. Es, tamén, un ser áxil, hábil, adaptable, comediante, camaleónica, que toca de todo un pouco, e pícara. Con sentido crítico e vivacidade mental fan os Xéminis pouco respectuosos das tradicións e convencións sociais inmobilistas. Enfrontas os cambios cunha actitude libre de prexuízos e una chisca de inconformismo xuvenil e idealista. A mobilidade e os intereses varios polos que te sintes atraída poden ser a causa de análises pouco profundos das cousas. Xéminis ten, a miúdo, un bon sentido dialéctico que che permite establecer relacións fáciles e inmediatas a través da palabra.

O aire é o teu elemento natural. Sentes, polo tanto, a necesidade de espacio no que podas moverte libremente, incluso a nivel físico. Atenta as modas, sabes ir cos tempos intentando non quedar nunca desfasada.

Entrevista:

¿Qué é o que mais che gusta do barrio?

- Zonas verdes, transporte, centro social, centro comercial, transporte, centro de saúde... pero sobre todo a diversidade da xente. Somos uns privilexiados. Témolo todo. Non o cambio por nada.

¿Como participas no barrio ou socialmente?
- Colaboro coa ONG "Solidaridad Internacional", e participei en varias misións de axuda o Sahara.
¿Cómo abandonaches Rodeiro para vir a Fontiñas?
- Non abandonei Rodeiro.
¿Non te ofendas, aclarame esto, entón qué prefires o marisco ou o cocido?
- O cocido.
¿e de postre?
- Leite frita.

No hay comentarios: